Publicacións

MÁIS CIENCIA NO FERRO!

Imaxe
 Ao longo do curso realizáronse moitas máis experiencias a nivel de aula, como poderedes ver nos seguintes enlaces do noso Instagram: ÓSOS BLANDOS CICLO DA AUGA SEMENTAR CON COLORANTE EXPOSICIÓN NO MES DA CIENCIA APARATO DIXESTIVO :   APARATO CIRCULATORIO: CONSTRUCCIÓN DE PLUVIÓMETROS COMO MEDRA UNHA SEMENTE PROPIEDADES DOS MATERIAIS XEOGRAFÍA DE COSTA

8ª sesión: OS SENTIDOS

Imaxe
  A última sesión do Clube de Ciencias deste curso 2022/23 adicámola aos SENTIDOS, para reflexionar e experimentar con eles. Para organizar a actividade dividimos ao grupo en diferentes estacións, adicadas aos diferentes sentidos para traballalos destas maneiras: - VISTA (memoria visual): Nunha caixa pechada agóchanse 15 obxectos, poderemos observalos durante 15 segundos antes de volver pechar a caixa, e finalmente comprobaremos cantos obxectos podemos nomear de memoria! - TACTO (recoñecemento táctil): Nunha caixa con 2 buratos para as mans agogochamos varios obxectos que debían ser identificados  empregando unicamente o sentido do tacto. - TACTO (buscar parellas): contamos con tarxetas que teñen diferentes texturas . Deberemos atopar as tarxetas que son iguais (parellas) unicamente empregando o tacto. So poderemos voltear as tarxetas para comprobar o resultado ao final! - TACTO (manipulación de texturas): outra estación presentaba ao alumnado unha selección de texturas pouco co

7ª sesión: ADAPTACIÓNS ANIMAIS

Imaxe
  No mes de abril adicamos as sesións do Clube de Ciencias aos animais , dende o punto de vista da súa evolución dende o seu orixe, para adaptarse aos diferentes hábitats nos que viven. Por isto titulámolo "Adaptacións animais" . En primeiro lugar remontámonos ao orixe da vida: a auga . No medio acuático apareceron as primeiras formas de vida, que foron evolucionando para adaptarse tamén ao medio terrestre e aéreo , a través de anos de evolución, desenvolvendo extremidades que lle permitiron desplazarse, e unha envoltura (pel, escamas, caparazóns, etc.) que lles permitiu protexerse dos depredadores ou sobrevivir nas condicións climáticas do seu hábitat: Nesta imaxe amósase, a partir dunha mesma forma de vida primixenia,  os distintos procesos evolutivos das diferentes especies do reino animal: peixe, anfibio, réptil, ave, mamífero e humán. Tamén aprendemos que o planeta Terra non era como o coñecemos hoxe en día, pois fai millóns de anos os continentes non estaban separa

6ª sesión: COMO VOAN OS AVIÓNS

Imaxe
No mes de marzo realizamos unha iniciación aos principios da "aerodinámica". En primeiro lugar realizamos varias experiencias para poder observar o comportamento das masas de aire . Por exemplo, tratamos de apagar unha vela soprando en dous "escenarios" diferentes: - no primeiro había que soprar cun obstáculo con forma plana e aristas rectas . - no segundo había que soprar cun obstáculo con forma e aristas curvas . Outra experiencia similar consistiu en tratar de mover unha pelota de ping-pong : En ambas experiencias observamos que o aire non pode bordear as aristas rectas, mentres que as superficies curvas permítenlle circular acariciando o obstáculo , como envolvéndoo. De feito, o aire, ao chocar co tarro de cristal, que é curvo, rodéao e segue o seu camiño apoiado na mesa, ata mover a pelota de ping-pong. Agora estamos preparados para comprender como o aire é capaz de manter un corpo en suspensión , polas leis da aerodinámica e as forzas de rozamento . Para

5ª sesión: LUZ E CORES

Imaxe
Neste mes de febreiro adicamos as nosas experiencias á LUZ e á COR. Tentamos comprender as características da luz a través da cor.  Para elo, comezamos falando das cores e das mixturas, para comprobar que non funcionan igual as cores en pintura que as cores en luz: A mixtura das cores primarias "en pintura" forma o negro. Esas cores primarias son o amarelo, cyan e magenta, que son as empregadas nas impresoras, por exemplo. Con elas fórmanse todas as outras cores para poder facer unha impresión a toda cor. Pero a mixtura das cores primarias "en luz" forma o branco. As cores primarias "en luz" son o vermello, o verde e o azul (en inglés, RGB - red, green, blue).  Por isto, se descompoñemos a luz branca empregando un cristal con forma de prisma, vemos que aparecen as diferentes cores que compoñen o branco, como se dun arco da vella se tratara: Isto deunos pé a explicar como se forma o "arco da vella" , tocando conceptos como que a luz é unha onda ,

4ª sesión: O MUNDO É QUÍMICA

Imaxe
  Neste mes de xaneiro centramos as nosas investigacións e experiencias no munda da química . A vida cotiá está repleta de moitas reaccións químicas que se producen de forma natural e para poder comprendelas realizamos diferentes experiencias nas que traballamos conceptos como, por exemplo, o PH . - Empregamos un obxecto cotidiano como papel de filtro para o café, que, mollado nun líquido reactivo (zume de col lombarda) , convertímolo en "papel indicador" que cambiaba de cor ao botarlle pingas de diferentes produtos (limón, auga...) empregando unha pipeta . Isto é debido a que os diferentes niveis de PH destes produtos fan reaccionar o zume de col lombarda en diferentes intensidades: - Aprendimos que a col lombarda é un bo reactivo e que ten unha escala de cores propia . Pero tamén vertemos diferentes produtos en vasos cheos de reactivo químico para observar como cambiaban de cor, e aprendemos a interpretar as escalas de cores de PH para saber se o produto que estamos