4ª sesión: O MUNDO É QUÍMICA
A vida cotiá está repleta de moitas reaccións químicas que se producen de forma natural e para poder comprendelas realizamos diferentes experiencias nas que traballamos conceptos como, por exemplo, o PH.
- Empregamos un obxecto cotidiano como papel de filtro para o café, que, mollado nun líquido reactivo (zume de col lombarda), convertímolo en "papel indicador" que cambiaba de cor ao botarlle pingas de diferentes produtos (limón, auga...) empregando unha pipeta. Isto é debido a que os diferentes niveis de PH destes produtos fan reaccionar o zume de col lombarda en diferentes intensidades:
- Aprendimos que a col lombarda é un bo reactivo e que ten unha escala de cores propia. Pero tamén vertemos diferentes produtos en vasos cheos de reactivo químico para observar como cambiaban de cor, e aprendemos a interpretar as escalas de cores de PH para saber se o produto que estamos a analizar é un "ácido" , un "alcalino" (base) ou ten o "PH neutro" seguindo a seguinte escala:
Tamén nesta sesión fixemos un repaso polos diferentes elementos químicos que se atopan na natureza e que están clasificados na táboa periódica dos elementos polas súas características:
Isto levounos a falar de como os diferentes elementos se asocian con outros para formar moléculas. Para poder comprendelo mellor construímos as nosas propias moléculas, seguindo modelos como estes:
Comentarios
Publicar un comentario