Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Novembro, 2022

2ª sesión: A BOTÁNICA

Imaxe
No mes de novembro realizamos a segunda sesión dos obradoiros do Clube de Ciencia, esta vez centrándonos no reino das plantas e a botánica. A sesión desenvolveuse en 5 estacións de investigación, centradas nestes aspectos:   ESTACIÓN 1: "Ciclo vital" Valéndonos dun pequeno xogo de fichas, o alumnado debía conseguir completar as diferentes fases do ciclo vital de diferentes seres vivos: - semente , ovo, feto... - xérmolo, nacemento... - crecemento , desenvolvemento, formación de larvas... - madurez , creación de froitos con novas sementes, metamorfose...    ESTACIÓN 2: "Partes da flor" Nesta estación intentamos visualizar as partes dunha flor a partir duns exemplares de lirio nos que se aprecian con claridade os diferentes elementos: Xineceo (parte femenina da flor) formado polo ovario, o estilo e o estigma, e o Androceo (parte maculina da flor) formado polos estames, constituídos polo filamento e a antera (bolsa que garda o pole). Así, falamos tamén da importa