Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Decembro, 2021

3ª sesión: XESTIÓN DE RESIDUOS e RECICLAXE

Imaxe
Nesta última sesión do trimestre, falamos dos nosos residuos, de que facemos con eles, que tipos de colectores existen, e fixemos un xogo para aprender a seleccionar onde van os nosos residuos, dependendo de que están feitos.      Tamén falamos do noso comportamento ambiental e o importante que é intentar minimizar o noso impacto no planeta. E nas aulas traballamos personaxes como Greta Thunberg , activista contra o cambio climático, e fixemos maquetas representando o impacto medioambiental da humanidade: Tamén gravamos programas de radio sobre o cambio climático , como o que podedes escoitar no seguinte enlace do noso blogue de radio escolar "Onda Ferro":   Podcast: "O cambio climático"    

2ª sesión: AUGA

Imaxe
Nesta 2ª sesión do Clube de Ciencia centrámonos nas propiedades da auga:   A auga é a molécula esencial da vida, sen ela non existiríamos, e con esa base levamos a cabo unha sesión para coñecer máis sobre ela, cómo se comporta, xogar cos estados da materia da auga, aprender sobre a tensión superficial e outras propiedades incríbles que posúe a auga. Todo isto dun xeito manipulativo e práctico.  

1ª sesión: MAXIA E CIENCIA

Imaxe
Nesta primeira sesión, no mes de outubro de 2021, traballamos A maxia da ciencia: Moitos dos trucos da maxia, en realidade son fenómenos físicos, químicos, ópticos… en resumo, son experimentos científicos e teñen a súa explicación. A través de experimentos, os escolares aprenderon o porqué dalgúns fenómenos do noso entorno: ¿Existe a invisibilidade? ¿Podo por lume na man sen queimarme?   Os experimentos tocaron temas da física, química, bioloxía, electricidade, óptica… todo isto adaptado ás idades. A metodoloxía empregada tivo un enfoque totalmente práctico que fomentou a participación permitindo a diversión e a aprendizaxe.         Tamén fixemos experiencias na aula relacionadas con reaccións químicas, como o experimento relacionado co volcán Cumbre Vieja da illa da Palma se atopaba en plena erupción:  

PRESENTACIÓN Clube de Ciencia 2021-22

Imaxe
  Boas a todos e todas... Neste blogue iremos difundindo as experiencias e investigacións realizadas no colexio relacionadas coa nosa participación no Clube de Ciencia, programa de innovación educativa promovido pola Consellería de Educación da Xunta de Galicia. Contamos coa axuda da empresa Arenaria Ciencia para levar a cabo este proxecto de afondamento nas competencias STEAM do profesorado e alumnado. O programa de temáticas a abordar durante este curso 2021-22, será o seguinte: MAXIA E CIENCIA AUGA XESTIÓN DE RESIDUOS E RECICLAXE ROBÓTICA O MUNDO É QUÍMICA ASTRONOMIA ANIMAIS PREHISTÓRICOS ELECTRICIDADE: UNIMOS CABLES! LEGO WE DO 2.0 COCIÑA E CIENCIA Aproveitamos as experiencias realizadas no clube para trasladalas á aula ordinaria , como desenvolvemento do currículo da área de Ciencias da Natureza, poñendo en práctica estes e outros experimentos con todo o alumnado, realizando investigacións, etc. Para elo contamos coa implicación de todo o profesorado, e recursos como a aula