Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Febreiro, 2022

Formación do profesorado (1)

Imaxe
  No mes xaneiro todo o profesorado do colexio realizamos unha primeira sesión de formación para mellorar as nosas competencias na ensinanza da ciencia.  A formación, a cargo da empresa de divulgación científica "Arenaria Ciencia", consistiu en coñecer o material de laboratorio máis común e en realizar experiencias con materiais que poden ser empregados polo alumnado sen perigosidade, como auga, vinagre, bicarbonato, aceite, fariña, azucre, zume, caldo de col lombarda, filtros de café, etc.  Aprendimos estratexias para traballar co alumnado de forma máis práctica e manipulativa conceptos como o PH (ácido ou base, papel reactivo, escala de cores...), a extraer o ADN dunha mostra biolóxica de forma caseira... Separamos as cores primarias das que se compoñen as tintas de diferentes rotuladores...  Agora estamos un pouco máis preparados para poñer en práctica diferentes experiencias co alumnado que nos permitan traballar as diferentes materias dende puntos de vista máis prácticos

4ª sesión: FÓSILES e PREHISTORIA

Imaxe
  Adicamos esta 4ª sesión do Clube de Ciencia ao estudo da "Prehistoria"! Para elo fixemos un percorrido polo tempo, dende a creación do universo ("Big Bang") ata a actualidade, axudados por un gran reloxo no que cada hora valía millóns de anos! Así, estudamos a creación dos distintos gases e minerais:       Tamén aprendimos sobre a aparición dos primeiros seres vivos na auga, e falamos sobre a evolución dos animais... Para elo contamos con animais conservados en "formol" que teñen características primitivas, como a lamprea: Ademáis aprendimos que para estudar o pasado podemos obter información dos "fósiles", que son restos de seres vivos de máis de un millón de anos... Moitas veces, estes fósiles atópanse atrapados e conservados no xeo:   Outras veces, os fósiles son seres vivos que quedaron enterrados e, co paso do tempo, convírtense en rocha. Aprendimos a construir os nosos propios fósiles! Para elo creamos unha pasta de escaiola e vertémola s

Canción "Somos os científicos"

Imaxe
    Ver videoclip: este videoclip, realizado fai anos no colexio, volve a servir de inspiración para  o noso alumnado científic@, de modo que aprendimos a letra da canción, inventámoslle un baile, e disfrutamos interpretándoa durante o mes do Entroido, que adicamos tamén á Ciencia! Taméntraballamos a súa partitura e tocámola con instrumentos na clase de música: