Formación do profesorado (1)
No mes xaneiro todo o profesorado do colexio realizamos unha primeira sesión de formación para mellorar as nosas competencias na ensinanza da ciencia.
A formación, a cargo da empresa de divulgación científica "Arenaria Ciencia", consistiu en coñecer o material de laboratorio máis común e en realizar experiencias con materiais que poden ser empregados polo alumnado sen perigosidade, como auga, vinagre, bicarbonato, aceite, fariña, azucre, zume, caldo de col lombarda, filtros de café, etc.
Aprendimos estratexias para traballar co alumnado de forma máis práctica e manipulativa conceptos como o PH (ácido ou base, papel reactivo, escala de cores...), a extraer o ADN dunha mostra biolóxica de forma caseira...Separamos as cores primarias das que se compoñen as tintas de diferentes rotuladores...
Agora estamos un pouco máis preparados para poñer en práctica diferentes experiencias co alumnado que nos permitan traballar as diferentes materias dende puntos de vista máis prácticos, entretidos e motivadores para o alumnado.
Comentarios
Publicar un comentario