8ª sesión: OS SENTIDOS

 


A última sesión do Clube de Ciencias deste curso 2022/23 adicámola aos SENTIDOS, para reflexionar e experimentar con eles.

Para organizar a actividade dividimos ao grupo en diferentes estacións, adicadas aos diferentes sentidos para traballalos destas maneiras:


- VISTA (memoria visual):

Nunha caixa pechada agóchanse 15 obxectos, poderemos observalos durante 15 segundos antes de volver pechar a caixa, e finalmente comprobaremos cantos obxectos podemos nomear de memoria!




- TACTO (recoñecemento táctil):

Nunha caixa con 2 buratos para as mans agogochamos varios obxectos que debían ser identificados  empregando unicamente o sentido do tacto.



- TACTO (buscar parellas):

contamos con tarxetas que teñen diferentes texturas. Deberemos atopar as tarxetas que son iguais (parellas) unicamente empregando o tacto. So poderemos voltear as tarxetas para comprobar o resultado ao final!



- TACTO (manipulación de texturas):

outra estación presentaba ao alumnado unha selección de texturas pouco comúns, pola súa viscosidade, flexibilidade, elesticidade, rugosidade, aspereza, etc. Foi unha boa maneira de traballar as diferentes sensacións táctiles e poñerlles nome.



- TACTO (dominó):

para a seguinte actividade o alumnado tivo que vendar os ollos para anular o sentido máis predominante de todos, a vista. Así, mediante o emprego do tacto, había que ir agrupando as fichas deste "dominó táctil".




- OLFACTO (recoñecemento e descrición):

para traballar o olfato debemos novamente anular o sentido que máis empregamos comunmente, a vista. Deste xeito activaremos o funcionamento da nosa "pituitaria" e non enganaremos ao cerebro con información complementaria.

(Os produtos atópanse ocultos tras o papel de alumninio para evitar o seu recoñecemento)

Nesta estación debemos recoñecer os diferentes produtos empregando únicamente o olfacto, e intentar describir estes olores con palabras:


Por último descubrimos todos os produtos, nomeámolos e describímolos para mellorar o noso vocabulario relacionado co olfacto:


- OÍDO (recoñecemento - formar parellas):

nesta última estación empregaremos o oído para identificar o contido dunhas caixiñas, axitándoas como se fosen maracas. 

Debíamos tentar formar parellas coas caixas que tiñan o mesmo contido, identificándoas só a través do oído:


E finalmente, aquí están as parellas de caixas, agrupadas por ter o mesmo son:





Comentarios

Publicacións populares deste blog

2ª sesión: AUGA

3ª sesión: METEOROLOXÍA

Formación do profesorado (2)