Neste mes de febreiro adicamos as nosas experiencias á LUZ e á COR. Tentamos comprender as características da luz a través da cor. Para elo, comezamos falando das cores e das mixturas, para comprobar que non funcionan igual as cores en pintura que as cores en luz: A mixtura das cores primarias "en pintura" forma o negro. Esas cores primarias son o amarelo, cyan e magenta, que son as empregadas nas impresoras, por exemplo. Con elas fórmanse todas as outras cores para poder facer unha impresión a toda cor. Pero a mixtura das cores primarias "en luz" forma o branco. As cores primarias "en luz" son o vermello, o verde e o azul (en inglés, RGB - red, green, blue). Por isto, se descompoñemos a luz branca empregando un cristal con forma de prisma, vemos que aparecen as diferentes cores que compoñen o branco, como se dun arco da vella se tratara: Isto deunos pé a explicar como se forma o "arco da vella" , tocando conceptos como que a luz é unha onda ,...
Comentarios
Publicar un comentario