Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Decembro, 2022

3ª sesión: METEOROLOXÍA

Imaxe
No mes de decembro abordamos a Meteoroloxía , aproveitando que o centro está tamén inmerso no programa "Meteoescolas" dos Plan Proxecta da Xunta de Galicia, reforzando así este proxecto. En primeiro lugar repasamos conceptos meteorolóxicos, como que a Terra está cuberta dunha serie de capas que forman a atmosfera , e que na primeira capa, a troposfera , é na que se producen os diferentes fenómenos atmosféricos .   Distinguimos entre os elementos meteorolóxicos (vento, precipitacións, temperatura, humidade...) e os instrumentos meteorolóxicos para a súa medición (cataventos, anemómetro, pluviómetro, termómetro, higrómetro...). ............................................................................... Así tamén, antes de comezar a experimentar, aclaramos a diferenza entre "clima" e "tempo atmosférico".   ......................................................................... Primeiro, para comprender o máis difícil dos elementos meteorolóxicos,