3ª sesión: METEOROLOXÍA
No mes de decembro abordamos a Meteoroloxía, aproveitando que o centro está tamén inmerso no programa "Meteoescolas" dos Plan Proxecta da Xunta de Galicia, reforzando así este proxecto.
En primeiro lugar repasamos conceptos meteorolóxicos, como que a Terra está cuberta dunha serie de capas que forman a atmosfera, e que na primeira capa, a troposfera, é na que se producen os diferentes fenómenos atmosféricos.
Distinguimos entre os elementos meteorolóxicos (vento, precipitacións, temperatura, humidade...) e os instrumentos meteorolóxicos para a súa medición (cataventos, anemómetro, pluviómetro, termómetro, higrómetro...).
...............................................................................
Así tamén, antes de comezar a experimentar, aclaramos a diferenza entre "clima" e "tempo atmosférico".
.........................................................................
Primeiro, para comprender o máis difícil dos elementos meteorolóxicos, a "presión atmosférica", realizamos varios experimentos co que A PRESIÓN DO AIRE:
a - colocamos unha regra sobre un banco e golpeámola ata facela caer (pois hai pouco aire sobre ela)
b - despois colocamos un folio sobre a regra e volvimos golpear a regra coa mesma intensidade e comprobamos que agora non é nada fácil movela do seu sitio.
c - Por que un simple folio, que non pesa nada, consegue exercer tanto peso sobre a regra?
d - Porque o aire que hai sobre o folio exerce unha presión, que é proporcional á superficie de todo o folio, polo que para levantar o folio coa regra hai que empuxar todo o aire que hai sobre el.
e- E se deixamos caer unha botella sobre a regra, poderá levantar o folio? Fíxate no vídeo, sorprendente!
Tamén realizamos o experimento de dárlle a volta a un vaso cheo de auga, e vemos que a forza do aire impide que a auga caiga:
..........................................................................
Para interpretar un mapa meteorolóxico ou poder incluso predecir o tempo, temos que comprender como se producen os diferentes fenómenos e como funcionan, para o que realizamos o seguinte experimento: COMO SE COMPORTAN AS CORRENTES DE AIRE.
Para elo empregamos auga, pois o seu comportamento é o mesmo que o do aire:
a - Enchimos 2 frascos: auga quente (tintada de cor vermello) e auga fría (tintada de cor azul).
b - Introducimos os dous frascos nun acuario e vimos como se comportaban.c - Como puidemos comprobar, o aire quente desprázase hacia arriba (por iso a auga vermella ocupa a superficie do acuario) e o aire frío desprázase hacia abaixo (por iso non sae do frasco).
d- E para asegurarnos, tamén vaciamos o frasco de auga fría para ver como se comporta a corrente fría, que como vemos, móvese por abaixo:
Pois así é como se comportan as correntes de aire no planeta, provocando a chegada de frentes cálidos, frentes fríos, borrascas, anticiclóns, etc.
......................................................
Finalmente realizamos un experimento para poder comprender que son as "liñas isobáricas" dos mapas do tempo, que sinalan diferentes presións atmosféricas.
Para elo, tomamos como similitude as liñas de relevo, que sinalan diferentes altitudes, pois funcionan de forma análoga.
O experimento realizado para poder visualizar esta representación foi o seguinte:
a - Traballamos en dous grupos, cada un deles cunha "montaña de plastilina" diferente e un conxunto de fíos atados en círculo.
b - Unha montaña "alta e delgada" e unha montaña "baixa e ancha".
c- Envolvémolas con fíos de diferentes lonxitudes, colocando na base da montaña as máis longas e no cumio as máis curtas, obtendo unha representación en 3D das liñas de relevo.
d- Empregamos unha sinxela regra con palillos para entender que cada fío sinala unha altura ou "cota" diferente.e- Despois quitamos coidadosamente os fíos e colocámolos no chan, para ver a representación en 2D das liñas de relevo.
f- Entendemos así que canto máis xuntas están as liñas significa que hai moita pendente e canto máis separadas é que a pendente é máis suave.
g- Agora comparamos esta representación en 2D coas liñas isobáricas dun mapa do tempo, e por analoxía, entendemos que cando as liñas isobáricas están moi xuntas quere dicir que hai grandes diferenzas de presión atmosférica (tempo inestable) e canto máis separadas están é que as diferenzas de presión atmosférica son máis suaves (tempo máis estable).
Comentarios
Publicar un comentario