6ª sesión: COMO VOAN OS AVIÓNS


No mes de marzo realizamos unha iniciación aos principios da "aerodinámica".


En primeiro lugar realizamos varias experiencias para poder observar o comportamento das masas de aire.


Por exemplo, tratamos de apagar unha vela soprando en dous "escenarios" diferentes:

- no primeiro había que soprar cun obstáculo con forma plana e aristas rectas.

- no segundo había que soprar cun obstáculo con forma e aristas curvas.


Outra experiencia similar consistiu en tratar de mover unha pelota de ping-pong:


En ambas experiencias observamos que o aire non pode bordear as aristas rectas, mentres que as superficies curvas permítenlle circular acariciando o obstáculo, como envolvéndoo. De feito, o aire, ao chocar co tarro de cristal, que é curvo, rodéao e segue o seu camiño apoiado na mesa, ata mover a pelota de ping-pong.

Agora estamos preparados para comprender como o aire é capaz de manter un corpo en suspensión, polas leis da aerodinámica e as forzas de rozamento. Para velo realizamos o experimento da pelota de ping-pong e o secador:



Despois destas experiencias, antes de construir o noso propio avión, traballamos o concepto da "masa" e o do "rozamento"; para elo deixamos caer algúns obxectos de formas e masas diferentes para ver cal chegaba primeiro ao chan. Por suposto fixemos antes as nosas apostas, é dicir, as nosas "hipóteses"...

E a conclusión foi que aínda que un obxecto teña máis masa que outro, tarda o mesmo en caer ao chan. Pero claro, se a forma do obxecto produce moito rozamento co aire, este vai caer máis lento, pois o aire obstaculiza a súa caída:



Polo tanto xa estivemos preparados para facer os nosos propios avións aplicando as leis da aerodinámica dun xeito consciente, e engadindo elementos que modifican o estilo de voo, como "aleróns", "flaps" ou "slats":






Comentarios

Publicacións populares deste blog

2ª sesión: AUGA

3ª sesión: METEOROLOXÍA

Formación do profesorado (2)