7ª sesión: ADAPTACIÓNS ANIMAIS

 


No mes de abril adicamos as sesións do Clube de Ciencias aos animais, dende o punto de vista da súa evolución dende o seu orixe, para adaptarse aos diferentes hábitats nos que viven. Por isto titulámolo "Adaptacións animais".

En primeiro lugar remontámonos ao orixe da vida: a auga. No medio acuático apareceron as primeiras formas de vida, que foron evolucionando para adaptarse tamén ao medio terrestre e aéreo, a través de anos de evolución, desenvolvendo extremidades que lle permitiron desplazarse, e unha envoltura (pel, escamas, caparazóns, etc.) que lles permitiu protexerse dos depredadores ou sobrevivir nas condicións climáticas do seu hábitat:


Nesta imaxe amósase, a partir dunha mesma forma de vida primixenia,  os distintos procesos evolutivos das diferentes especies do reino animal: peixe, anfibio, réptil, ave, mamífero e humán.

Tamén aprendemos que o planeta Terra non era como o coñecemos hoxe en día, pois fai millóns de anos os continentes non estaban separados, senón que existía un único continente chamado "Panxea" que, a causa do movemento das placas tectónicas, foise dividindo en dous continentes chamados "Laurasia" e "Gondwana", ata separarse nos continentes actuais:


Isto explica como poden existir animais da mesma familia evolutiva en diferentes partes do mundo que están moi lonxanas. Na seguinte imaxe animada extraída de Wikipedia podemos ver como se foron desplazando os continentes, tal e como se describe na teoría da "deriva continental":


Para asegurarnos de que o alumnado coñece os continentes actuais estivemos repasando con puzles e mapas, dividindo ao grupo en diferentes equipos:



Despois foi o momento de situar os diferentes animais nos seus respectivos continentes, o que fixemos primeiro de forma intuitiva, tendo en conta os diferentes ecosistemas das principais zonas do mundo, como o deserto do Sahara ou o de Arizona, as selvas tropicais de Sudamérica e África, a selva ecuatorial asiática, a estepa siberiana, etc:



Por último repasamos os conceptos aprendidos nun cuestionario empregando tablets:



Comentarios

Publicacións populares deste blog

2ª sesión: AUGA

3ª sesión: METEOROLOXÍA

Formación do profesorado (2)