4ª sesión: FÓSILES e PREHISTORIA

 

Adicamos esta 4ª sesión do Clube de Ciencia ao estudo da "Prehistoria"!

Para elo fixemos un percorrido polo tempo, dende a creación do universo ("Big Bang") ata a actualidade, axudados por un gran reloxo no que cada hora valía millóns de anos!

Así, estudamos a creación dos distintos gases e minerais:


 

 
Tamén aprendimos sobre a aparición dos primeiros seres vivos na auga, e falamos sobre a evolución dos animais... Para elo contamos con animais conservados en "formol" que teñen características primitivas, como a lamprea:
Ademáis aprendimos que para estudar o pasado podemos obter información dos "fósiles", que son restos de seres vivos de máis de un millón de anos... Moitas veces, estes fósiles atópanse atrapados e conservados no xeo:

 

Outras veces, os fósiles son seres vivos que quedaron enterrados e, co paso do tempo, convírtense en rocha. Aprendimos a construir os nosos propios fósiles! Para elo creamos unha pasta de escaiola e vertémola sobre un molde de plastilina con forma de fósil auténtico:




Comentarios

Publicacións populares deste blog

2ª sesión: AUGA

3ª sesión: METEOROLOXÍA

Formación do profesorado (2)