1ª sesión: MAXIA E CIENCIA
Nesta primeira sesión, no mes de outubro de 2021, traballamos A maxia da ciencia:
Moitos dos trucos da maxia, en realidade son fenómenos físicos,
químicos, ópticos… en resumo, son experimentos científicos e teñen a
súa explicación. A través de experimentos, os escolares aprenderon o porqué dalgúns fenómenos do noso entorno:
¿Existe a invisibilidade? ¿Podo por lume na man sen queimarme?
Os experimentos tocaron temas da física, química,
bioloxía, electricidade, óptica… todo isto adaptado ás idades. A
metodoloxía empregada tivo un enfoque totalmente práctico que fomentou a
participación permitindo a diversión e a aprendizaxe.
Tamén fixemos experiencias na aula relacionadas con reaccións químicas, como o experimento relacionado co volcán Cumbre Vieja da illa da Palma se atopaba en plena erupción:
Comentarios
Publicar un comentario