PRESENTACIÓN Clube de Ciencia 2021-22

 

Boas a todos e todas... Neste blogue iremos difundindo as experiencias e investigacións realizadas no colexio relacionadas coa nosa participación no Clube de Ciencia, programa de innovación educativa promovido pola Consellería de Educación da Xunta de Galicia.

Contamos coa axuda da empresa Arenaria Ciencia para levar a cabo este proxecto de afondamento nas competencias STEAM do profesorado e alumnado.

O programa de temáticas a abordar durante este curso 2021-22, será o seguinte:


MAXIA E CIENCIA

AUGA

XESTIÓN DE RESIDUOS E RECICLAXE

ROBÓTICA

O MUNDO É QUÍMICA

ASTRONOMIA

ANIMAIS PREHISTÓRICOS

ELECTRICIDADE: UNIMOS CABLES!

LEGO WE DO 2.0

COCIÑA E CIENCIA

Aproveitamos as experiencias realizadas no clube para trasladalas á aula ordinaria, como desenvolvemento do currículo da área de Ciencias da Natureza, poñendo en práctica estes e outros experimentos con todo o alumnado, realizando investigacións, etc. Para elo contamos coa implicación de todo o profesorado, e recursos como a aula de informática, a biblioteca escolar, a nosa radio Onda Ferro, etc.

O noso obxectivo é formar futuros cientificos/as e investigadores/as!




Comentarios

Publicacións populares deste blog

2ª sesión: AUGA

3ª sesión: METEOROLOXÍA

Formación do profesorado (2)