2ª sesión: A BOTÁNICA
No mes de novembro realizamos a segunda sesión dos obradoiros do Clube de Ciencia, esta vez centrándonos no reino das plantas e a botánica.
A sesión desenvolveuse en 5 estacións de investigación, centradas nestes aspectos:
ESTACIÓN 1: "Ciclo vital"
Valéndonos dun pequeno xogo de fichas, o alumnado debía conseguir completar as diferentes fases do ciclo vital de diferentes seres vivos:
- semente, ovo, feto...
-xérmolo, nacemento...
- crecemento, desenvolvemento, formación de larvas...
- madurez, creación de froitos con novas sementes, metamorfose...
ESTACIÓN 2: "Partes da flor"
Nesta estación intentamos visualizar as partes dunha flor a partir duns exemplares de lirio nos que se aprecian con claridade os diferentes elementos: Xineceo (parte femenina da flor) formado polo ovario, o estilo e o estigma, e o Androceo (parte maculina da flor) formado polos estames, constituídos polo filamento e a antera (bolsa que garda o pole).
Así, falamos tamén da importancia das abellas pola súa contribución á polinización das plantas.
ESTACIÓN 3: "Cromatografía"
Nesta estación fixemos un experimento para ver as cores que unha folla pode amosar ao longo do ano. Aínda que a folla é verde polo efecto da clorofila, no seu interior garda máis cores, como o marrón, amarelos ou laranxas, que aparecerán en outras estacións do ano, dependendo das condicións atmosféricas nas que se atope. Para velo realizamos unha "cromatografía" da folla.
Para realizar este sinxelo experimento tan so precisamos un filtro de café, un vaso de auga e unha servilleta de papel:
1º- machacamos unha folla e vertemos sobre o filtro unhas gotas da pasta conseguida.
2º - logo facemos un burato no filtro e colocamos a servilleta enroscada no burato.
3º - finalmente apoiamos o filtro sobre o vaso introducindo a servilleta na auga para que, polo efecto da capilaridade da auga, esta vai subindo pola servilleta ata empapar o filtro.
4º - observamos como as manchas da folla machacada se van desteñindo e aparecen varias cores, que son as cores que a folla vai amosar ao longo das estacións do ano.
ESTACIÓN 4: "Identificación de herbas, arbustos e árbores"
A partir de diferentes follas recollidas no entorno do colexio e servíndonos de diferentes guías botánicas, practicamos a observación das características dos diferentes tipos de follas, procurando identificar algunhas das plantas recollidas.
ESTACIÓN 5: "Cuestionario dixital"
Nesta estación poñemos a proba os nosos coñecementos sobre diferentes cuestións relacionadas coas plantas, a través dunha actividade "Wordwall" realizada nunha tablet.
Comentarios
Publicar un comentario