5ª sesión: LUZ E CORES


Neste mes de febreiro adicamos as nosas experiencias á LUZ e á COR.

Tentamos comprender as características da luz a través da cor. Para elo, comezamos falando das cores e das mixturas, para comprobar que non funcionan igual as cores en pintura que as cores en luz:


A mixtura das cores primarias "en pintura" forma o negro. Esas cores primarias son o amarelo, cyan e magenta, que son as empregadas nas impresoras, por exemplo. Con elas fórmanse todas as outras cores para poder facer unha impresión a toda cor.



Pero a mixtura das cores primarias "en luz" forma o branco. As cores primarias "en luz" son o vermello, o verde e o azul (en inglés, RGB - red, green, blue).  Por isto, se descompoñemos a luz branca empregando un cristal con forma de prisma, vemos que aparecen as diferentes cores que compoñen o branco, como se dun arco da vella se tratara:



Isto deunos pé a explicar como se forma o "arco da vella", tocando conceptos como que a luz é unha onda, ou comportamentos físicos como a refracción:


Entón experimentamos con lanternas de cores RGB, para comprobar que as mixturas son diferentes que nas pinturas, e tratamos de formar a cor branca:




Tamén empregamos mesas de luz con pezas de cores. Novamente traballamos coas mesturas de cores e repasamos conceptos como opaco, translúcido e transparente:



Igualmente realizamos experiencias con fosforescencias e luz ultravioleta para descifrar mensaxes ocultas:



Por último repasamos algúns conceptos traballados a través de tablets:



Comentarios

Publicacións populares deste blog

2ª sesión: AUGA

3ª sesión: METEOROLOXÍA

Formación do profesorado (2)