Publicacións

1ª Sesión: CONSTRUIMOS O NOSO EXPERIMENTO

Imaxe
 Nesta primeira sesión, desenvolvida no mes de outubro, arrancamos os motores da ciencia repasando diversos conceptos a través da realización dos seguintes experimentos, que quedarán durante un tempo en proceso para observar a súa evolución no colexio: - PAPEL RECICLADO: a partir de papel usado, fabricamos o noso propio papel reciclado e deixámolo a secar no corredor do colexio para que todos puideramos ver a súa evolución.   - XABRÓN CASEIRO: empregando uns moldes de silicona de facer galletas, enchémolos co noso propio xabrón caseiro que quedou solidificando durante un tempo á vista de todo o alumnado.   - CULTIVOS MICROSCÓPICOS: para comprobar a existencia de microorganismos vivos na superficie das cousas realizamos este experimento , no que cada alumno/a decidiu que superficie tocar para despois deixar nunha "placa de petri" as súas pegadas e ver como as bacterias van medrando e poder comparar onde hai máis... Finalmente, aínda que a proliferación de microorganismos é...

PRESENTACIÓN - Clube de Ciencia 2022-23

Imaxe
Este é o programa de temáticas programadas para os obradoiros do Clube de Ciencias no curso 2022-23: - OUTUBRO: Construimos o noso experimento - NOVEMBRO: A botánica - DECEMBRO: Meteoroloxía - XANEIRO: O mundo é química - FEBREIRO: Luz e cores - MARZO: Como voan os avións? - ABRIL: Adaptacións animais - MAIO: Sons e música - XUÑO: Retos finais: repasando o aprendido Ademáis de neste blogue, tamén poderedes ver un resumo das actividades realizadas no seguinte enlace do INSTAGRAM do colexio na sección de ciencia:  - Instagram do centro – sección ciencia: https://www.instagram.com/stories/highlights/17931795722444057/

8ª sesión: REPASO FINAL e RETOS para pensar en verán

Imaxe
  No mes de maio, como último obradoiro do Clube de Ciencia realizamos un repaso dos conceptos máis importantes aprendidos ao longo do curso... Pero non podía ser de outro modo, facéndoo de xeito manipulativo, a través da proposta de varios retos , onde hai que poñer o inxenio a traballar: - INERCIA: consigue meter a pelota no recipiente cun só dedo. - EQUILIBRIO: constrúe unha formación sobre dúas patas e ao final quítalle unha das patas sen que a estructura se caiga. isto acabará caendo... unha posible solución!   - RESISTENCIA: consigue manter unha pota no aire empregando como axuda uns folios...   conseguido! - ELASTICIDADE: consigue sacar a moeda de debaixo do frasco sobre as dúas tapas, pero sen tocar o frasco, nin as tapas... nin a moeda! si, o pano pódese tocar... e é algo elástico... - AMORTIGUACIÓN: consigue que, ao deixar caer a caixa de mixtos, quede de pé no chan.   proba a abrir un pouco a caixa antes de deixala caer... - DILATACIÓN: consigue tirar...

Máis ciencia polo cole... (outras experiencias)

Imaxe
Ademáis do que imos traballando nos obradoiros do Clube de Ciencia, queremos compartir aquí outras pequenas experiencias relacionadas con diferentes campos da ciencia que foron desenvolvidas ao longo do curso no colexio. - Unidades de medida: a través da manipulación de recipientes medidores, balanzas, regras, etc. o alumnado  experimentou coas unidades de medida de lonxitude, masa e capacidade. Calculou superficies e volumes, manipulou figuras xeométricas, etc. - As ondas sonoras: a través da manipulación do software de edición de audio Audacity, o alumnado puido observar a representación gráfica das ondas sonoras, diferenciando a amplitude de onda (volume do son) e a frecuencia (altura do son: grave ou agudo): - Os ecosistemas: realizouse un traballo en grupo sobre os diferentes ecosistemas do planeta e as formas de vida que existen neles. O traballo foi exposto paraconsulta do resto do alumnado: - Observación de pequenos organismos a través de lupas e microscopios: con mo...

7ª sesión: ELECTRICIDADE E MAGNETISMO

Imaxe
  No obradoiro do mes de abril levamos a cabo experiencias relacionadas coa electricidade e co magnetismo. En relación coa electricidade traballamos, a través da manipulación e da experimentación, conceptos como os "electróns", as baterías, a conductividade, os aislantes, o voltaxe, o circuíto... e o cortocircuíto!    En relación co magnetismo traballamos conceptos como atracción, repulsión, polos, forza magnética, campo magnético, materiais ferromagnéticos...

6ª sesión: COCIÑA E ALIMENTOS

Imaxe
  No obradoiro de Clube de Ciencia do mes de marzo realizamos experiencias con productos de cociña, observamos as diferentes reaccións ao mexturas determinados ingredientes e intentamos comprender a explicación científica destas reaccións.   Asimesmo comprendimos conceptos como substancias ácidas ou básicas e o PH neutro:   Tamén observamos o interior do corpo humano e o comportamento dos alimentos durante o proceso dixestivo con técnicas de realidade aumentada:  

Formación do profesorado (2)

Imaxe
  O 24 de febreiro pola tarde, no colexio, recibimos a segunda sesión de formación a cargo da empresa de divulgación científica "Arenaria Ciencia". Durante 3 horas realizamos experimentos empregando variado material, coa premisa de que fora fácil de conseguir e manipulable polo alumnado sen riscos. Así, empregamos produtos tan comúns como aceite, vinagre, auga, leite, sal, colorante alimentario, maizena, col lombarda, bicarbonato ou alcol. Tamén precisamos materiais e utensilios comúns como cartón, servilletas, bolsas de té, perlas de xel, pauciños das orellas, globos, plastilina, esparadrapo de papel, brochetas, fío, moedas, canicas, tapóns, vasos, frascos, palliñas, velas, mixtos, chisqueiro, culleres, coitelo, tesoiras, cazos... e máquinas como o secador ou unha placa eléctrica para quentar líquidos...  Tamén empregamos algún material específico de laboratorio como pipetas, vaso de precipitados, embude, morteiro, frasco lavador ou matraz Erlenmeier.   O obra...