1ª Sesión: CONSTRUIMOS O NOSO EXPERIMENTO
Nesta primeira sesión, desenvolvida no mes de outubro, arrancamos os motores da ciencia repasando diversos conceptos a través da realización dos seguintes experimentos, que quedarán durante un tempo en proceso para observar a súa evolución no colexio:
- PAPEL RECICLADO: a partir de papel usado, fabricamos o noso propio papel reciclado e deixámolo a secar no corredor do colexio para que todos puideramos ver a súa evolución.
- XABRÓN CASEIRO: empregando uns moldes de silicona de facer galletas, enchémolos co noso propio xabrón caseiro que quedou solidificando durante un tempo á vista de todo o alumnado.
- CULTIVOS MICROSCÓPICOS: para comprobar a existencia de microorganismos vivos na superficie das cousas realizamos este experimento, no que cada alumno/a decidiu que superficie tocar para despois deixar nunha "placa de petri" as súas pegadas e ver como as bacterias van medrando e poder comparar onde hai máis... Finalmente, aínda que a proliferación de microorganismos é visible a simple vista, imos velos a través do microscopio.
- CRISTAIS DE SAL: os conceptos traballados con este experimento son os de "saturación" e "sobresaturación", disolución, estados da materia, salinidade, propiedades da auga, temperatura...
Para crear os nosos propios cristais temos que "sobresaturar" a auga con sal. Para conseguilo, primeiro botamos sal en auga fría ata que xa non se disolva (saturación) e despois, para conseguir a "sobresaturación", temos que quentar esa mixtura, de forma que admitirá que lle incorporemos máis sal todavía.
Finalmente, poñemos uns fíos ou uns pauciños entre dous vasos coa mixtura sobresaturada, e cando se vaia enfriando, o sal sobrante solidificará sobre os fíos ou pauciños, aparecendo os nosos cristais de sal.
Tamén empregamos colorante alimentario para darlle unha apariencia máis atractiva.
Comentarios
Publicar un comentario