8ª sesión: REPASO FINAL e RETOS para pensar en verán
No mes de maio, como último obradoiro do Clube de Ciencia realizamos un repaso dos conceptos máis importantes aprendidos ao longo do curso... Pero non podía ser de outro modo, facéndoo de xeito manipulativo, a través da proposta de varios retos, onde hai que poñer o inxenio a traballar:
- INERCIA: consigue meter a pelota no recipiente cun só dedo.
- EQUILIBRIO: constrúe unha formación sobre dúas patas e ao final quítalle unha das patas sen que a estructura se caiga.
isto acabará caendo...
unha posible solución!
- RESISTENCIA: consigue manter unha pota no aire empregando como axuda uns folios...
conseguido!
- ELASTICIDADE: consigue sacar a moeda de debaixo do frasco sobre as dúas tapas, pero sen tocar o frasco, nin as tapas... nin a moeda!
si, o pano pódese tocar... e é algo elástico...
- AMORTIGUACIÓN: consigue que, ao deixar caer a caixa de mixtos, quede de pé no chan.
proba a abrir un pouco a caixa antes de deixala caer...
- DILATACIÓN: consigue tirar a moeda dentro do frasco sen tocar a moeda, nin o frasco, nin o pau de brocheta... só poderás usar gotas de auga neste reto...
- INXENIO: debuxa 9 puntos colocados de 3 en 3, logo consigue atravesar todos os puntos empregando só 4 liñas. Para probar podes usar papel e lápiz. Nesta ocasión, nós empregamos unha bandexa con area:
Non imos desvelar a solución... Como PISTA diremos que as liñas poden sair por fóra dos puntos antes de torcer en outra dirección...
Comentarios
Publicar un comentario