Formación do profesorado (2)
O 24 de febreiro pola tarde, no colexio, recibimos a segunda sesión de formación a cargo da empresa de divulgación científica "Arenaria Ciencia". Durante 3 horas realizamos experimentos empregando variado material, coa premisa de que fora fácil de conseguir e manipulable polo alumnado sen riscos.
Así, empregamos produtos tan comúns como aceite, vinagre, auga, leite, sal, colorante alimentario, maizena, col lombarda, bicarbonato ou alcol.
Tamén precisamos materiais e utensilios comúns como cartón, servilletas, bolsas de té, perlas de xel, pauciños das orellas, globos, plastilina, esparadrapo de papel, brochetas, fío, moedas, canicas, tapóns, vasos, frascos, palliñas, velas, mixtos, chisqueiro, culleres, coitelo, tesoiras, cazos... e máquinas como o secador ou unha placa eléctrica para quentar líquidos...
Tamén empregamos algún material específico de laboratorio como pipetas, vaso de precipitados, embude, morteiro, frasco lavador ou matraz Erlenmeier.
O obradoiro de formación desenvolveuse distribuindo aos participantes en pequenos grupos que rotamos por diferentes estacións:
- Estación do LUME: realizamos experimentos para entender os elementos que interveñen no proceso de combustión e maneiras de facelo entender ao alumnado de forma práctica e visual.
- Estación da MATERIA: nesta mesa realizamos experimentos para poder demostrar cualidades da materia como a tensión superficial, as leis de Newton sobre os estados da materia (e as súas excepcións), substancias hidrófilas e hidrófugas, etc.
- Estación do AIRE: nesta mesa aprendimos experiencias para poder demostrar que o aire pesa e ocupa lugar aínda que sexa invisible. Tamén experimentamos co rozamento para explicar a dinámica de fluidos...
- Estación da LUZ: nesta estación observamos o comportamento da luz e como pode provocar efectos e ilusións ópticas incribles...
(cando humedecemos as perlas, o obxecto aparece!
As perlas fanse invisibles pola refracción da luz)
( ilusións gráficas - ¿Quen é máis grande?)
2. ...si, estaba debaixo, pero a refracción non deixaba vela aínda que a auga sexa transparente.
- Estación da ENERXÍA: aquí experimentamos para demostrar como se transmite a enerxía e se pode aproveitar en todas as súas formas, como por exemplo para producir movemento (enerxía cinética)...
Comentarios
Publicar un comentario