Máis ciencia polo cole... (outras experiencias)


Ademáis do que imos traballando nos obradoiros do Clube de Ciencia, queremos compartir aquí outras pequenas experiencias relacionadas con diferentes campos da ciencia que foron desenvolvidas ao longo do curso no colexio.

- Unidades de medida: a través da manipulación de recipientes medidores, balanzas, regras, etc. o alumnado  experimentou coas unidades de medida de lonxitude, masa e capacidade. Calculou superficies e volumes, manipulou figuras xeométricas, etc.

- As ondas sonoras: a través da manipulación do software de edición de audio Audacity, o alumnado puido observar a representación gráfica das ondas sonoras, diferenciando a amplitude de onda (volume do son) e a frecuencia (altura do son: grave ou agudo):

- Os ecosistemas: realizouse un traballo en grupo sobre os diferentes ecosistemas do planeta e as formas de vida que existen neles. O traballo foi exposto paraconsulta do resto do alumnado:


- Observación de pequenos organismos a través de lupas e microscopios: con motivo da participación no programa REVITALIZA da Deputación de Pontevedra, con axuda dos membros do centro de compostaxe de Valga, realizamos distintas actividades de compostaxe con todo o alumnado do centro e incluímos boas prácticas de refugallo e separado do lixo no día a día do centro. 

Cando o compost xa estivo elaborado, observamos os diferentes organismos que viven nel:



- Experimento "A mamba negra": como parte da búsqueda dos mellores experimentos para realizar durante a xornada de ciencia no Entroido, realizamos este curioso experimento. Preparamos unhas cápsulas con bicarbonato e alcol, ben prensadas, que deberían producir ao queimalas unha expansión que formase un churro negro, parecido a unha gran serpe... aínda que o resultado non foi moi exitoso nesta ocasión...

 


Comentarios

Publicacións populares deste blog

2ª sesión: AUGA

3ª sesión: METEOROLOXÍA

Formación do profesorado (2)