8ª sesión: OS SENTIDOS
A última sesión do Clube de Ciencias deste curso 2022/23 adicámola aos SENTIDOS, para reflexionar e experimentar con eles. Para organizar a actividade dividimos ao grupo en diferentes estacións, adicadas aos diferentes sentidos para traballalos destas maneiras: - VISTA (memoria visual): Nunha caixa pechada agóchanse 15 obxectos, poderemos observalos durante 15 segundos antes de volver pechar a caixa, e finalmente comprobaremos cantos obxectos podemos nomear de memoria! - TACTO (recoñecemento táctil): Nunha caixa con 2 buratos para as mans agogochamos varios obxectos que debían ser identificados empregando unicamente o sentido do tacto. - TACTO (buscar parellas): contamos con tarxetas que teñen diferentes texturas . Deberemos atopar as tarxetas que son iguais (parellas) unicamente empregando o tacto. So poderemos voltear as tarxetas para comprobar o resultado ao final! - TACTO (manipulación de texturas): outra estación presentaba ao alumnado unha selección de texturas pouco co