Publicacións

UN ENTROIDO CIENTÍFICO!

Imaxe
Para poder trasladar a todo o alumnado do centro todo o que estamos a traballar, adicamos o Entroido 2022 á ciencia! Con cada grupo preparamos unha serie de experimentos , centrados en diferentes campos da física e da química. Para elo buscamos información en libros e en Internet: Con motivo da realización das tradicionais "Mandas do Entroidiño" , fomos engadindo cada día un elemento ao noso disfraz, ata quedar convertidos nuns "científicos de película!"... (xa sabemos que os científicos non precisan bata branca... soamente precisan... CURIOSIDADE!): Finalmente fixemos un acto no patio do colexio onde presentamos os diferentes experimentos ao resto do alumnado... foi espectacular! Ata puxemos música emocionante de fondo. Este é un repaso da xornada: - Selección e manipulación de libros de ciencia dispoñibles na biblioteca do centro:   - 1º curso EP: experimento da "torre de densidades" . Ley física pola que os diferentes líquidos non se mesturan d...

5ª sesión: AS MULLERES NA CIENCIA

Imaxe
No mes de febreiro, nos obradoiros do Clube de Ciencia centrámonos novamente no papel das mulleres na investigación científica. Fixemos un repaso por diferentes personaxes femininos da historia e realizamos experiencias para explicar en que consistiron algúns dos principais descubrimentos realizados por mulleres... Traballamos a importantes científicas como: - Margarita Salas: bioquímica española, impulsora da investigación no campo da bioloxía molecular. - Lynn Margulis: famosa bióloga coñecida polos seus estudos sobre evolución biolóxica, especializada no coñecemento das células eucariotas.   - Mary Anning: a primeira paleontóloga , famosa polo seu estudo dos fondos mariños, estudosa dos fósiles.   - Jane Goodall: etóloga , famosa polo seu estudo sobre os chimpancés.   - Hedy Lamarr: actriz e inventora , coñecida polas súas películas, pero sobretodo polos seus estudios con ondas de radio que permitiron as primeiras comunicacións inalámbricas , parecidas ao ...

A MULLER E A NENA NA CIENCIA

Imaxe
  Durante os meses de febreiro e marzo, con motivo da conmemoración do Día da Muller e a Nena na ciencia (11 febreiro 2022) e o Día da Muller (8 marzo 2022), realizamos unha serie de traballos para visibilizar a importancia das mulleres no ámbito da ciencia. Hai que destacar queos logros conseguidos por todas estas mulleres ao longo da historia adquire máis importancia se entendemos o contexto no que se produciron, dentro dunha sociedade onde as mulleres non tiñan apenas ningún dereito. Selección bibliográfica sobre a Muller na Ciencia Traballo en grupo sobre científicas famosas - 8M Mural 11F -  "Día internacional da muller e a nena na Ciencia" Biografía de Marie Curie nas clases de Inglés

PROXECTO DE INVESTIGACIÓN 5º (Plantas)

Imaxe
  Podes ver este VÍDEO resumo das actividades realizadas!

Formación do profesorado (1)

Imaxe
  No mes xaneiro todo o profesorado do colexio realizamos unha primeira sesión de formación para mellorar as nosas competencias na ensinanza da ciencia.  A formación, a cargo da empresa de divulgación científica "Arenaria Ciencia", consistiu en coñecer o material de laboratorio máis común e en realizar experiencias con materiais que poden ser empregados polo alumnado sen perigosidade, como auga, vinagre, bicarbonato, aceite, fariña, azucre, zume, caldo de col lombarda, filtros de café, etc.  Aprendimos estratexias para traballar co alumnado de forma máis práctica e manipulativa conceptos como o PH (ácido ou base, papel reactivo, escala de cores...), a extraer o ADN dunha mostra biolóxica de forma caseira... Separamos as cores primarias das que se compoñen as tintas de diferentes rotuladores...  Agora estamos un pouco máis preparados para poñer en práctica diferentes experiencias co alumnado que nos permitan traballar as diferentes materias dende puntos de vista máis ...

4ª sesión: FÓSILES e PREHISTORIA

Imaxe
  Adicamos esta 4ª sesión do Clube de Ciencia ao estudo da "Prehistoria"! Para elo fixemos un percorrido polo tempo, dende a creación do universo ("Big Bang") ata a actualidade, axudados por un gran reloxo no que cada hora valía millóns de anos! Así, estudamos a creación dos distintos gases e minerais:       Tamén aprendimos sobre a aparición dos primeiros seres vivos na auga, e falamos sobre a evolución dos animais... Para elo contamos con animais conservados en "formol" que teñen características primitivas, como a lamprea: Ademáis aprendimos que para estudar o pasado podemos obter información dos "fósiles", que son restos de seres vivos de máis de un millón de anos... Moitas veces, estes fósiles atópanse atrapados e conservados no xeo:   Outras veces, os fósiles son seres vivos que quedaron enterrados e, co paso do tempo, convírtense en rocha. Aprendimos a construir os nosos propios fósiles! Para elo creamos unha pasta de escaiola e vertémola s...

Canción "Somos os científicos"

Imaxe
    Ver videoclip: este videoclip, realizado fai anos no colexio, volve a servir de inspiración para  o noso alumnado científic@, de modo que aprendimos a letra da canción, inventámoslle un baile, e disfrutamos interpretándoa durante o mes do Entroido, que adicamos tamén á Ciencia! Taméntraballamos a súa partitura e tocámola con instrumentos na clase de música: