UN ENTROIDO CIENTÍFICO!

Para poder trasladar a todo o alumnado do centro todo o que estamos a traballar, adicamos o Entroido 2022 á ciencia! Con cada grupo preparamos unha serie de experimentos, centrados en diferentes campos da física e da química. Para elo buscamos información en libros e en Internet:

Con motivo da realización das tradicionais "Mandas do Entroidiño", fomos engadindo cada día un elemento ao noso disfraz, ata quedar convertidos nuns "científicos de película!"... (xa sabemos que os científicos non precisan bata branca... soamente precisan... CURIOSIDADE!):


Finalmente fixemos un acto no patio do colexio onde presentamos os diferentes experimentos ao resto do alumnado... foi espectacular! Ata puxemos música emocionante de fondo. Este é un repaso da xornada:

- Selección e manipulación de libros de ciencia dispoñibles na biblioteca do centro:

 

- 1º curso EP: experimento da "torre de densidades". Ley física pola que os diferentes líquidos non se mesturan debido as súas diferentes densidades...

 - 2º curso EP: inflar globo con CO2 desprendido por unha reacción química...

- 3º e 4º curso: experimento do "volcán", onde a reacción química entre diferentes produtos provocará unha erupción incontrolada...


- 5ºA curso: "acuario doce-salgado". Vimos como se comportan as correntes mariñas, producidas porque as augas doces non se mesturan coas salgadas. Para ver mellor o comportamento dos líquidos empregamos colorantes...

- 5ºB curso: experimentos de electricidade e magnetismo como  o "circuíto", o "electroimán", a atracción e a repulsión, o campo magnético, o "motor homopolar"...

 


- 6º curso: experimento do "bote boomerang", o bote roda pola mesa e volve hacia atrás... Isto é debido á transformación da enerxía cinética, en enerxía potencial e en enerxía elástica...


- Finalmente deixamos unha exposición temporal con materiais empregados para que puideran ser manipulados polo alumnado no recreo e que experimentaran libremente:




Comentarios

Publicacións populares deste blog

8ª sesión: OS SENTIDOS

MÁIS CIENCIA NO FERRO!

7ª sesión: ADAPTACIÓNS ANIMAIS