Publicacións

Mostrando publicacións desta data: maio, 2022

8ª sesión: REPASO FINAL e RETOS para pensar en verán

Imaxe
  No mes de maio, como último obradoiro do Clube de Ciencia realizamos un repaso dos conceptos máis importantes aprendidos ao longo do curso... Pero non podía ser de outro modo, facéndoo de xeito manipulativo, a través da proposta de varios retos , onde hai que poñer o inxenio a traballar: - INERCIA: consigue meter a pelota no recipiente cun só dedo. - EQUILIBRIO: constrúe unha formación sobre dúas patas e ao final quítalle unha das patas sen que a estructura se caiga. isto acabará caendo... unha posible solución!   - RESISTENCIA: consigue manter unha pota no aire empregando como axuda uns folios...   conseguido! - ELASTICIDADE: consigue sacar a moeda de debaixo do frasco sobre as dúas tapas, pero sen tocar o frasco, nin as tapas... nin a moeda! si, o pano pódese tocar... e é algo elástico... - AMORTIGUACIÓN: consigue que, ao deixar caer a caixa de mixtos, quede de pé no chan.   proba a abrir un pouco a caixa antes de deixala caer... - DILATACIÓN: consigue tirar a moeda dentro do

Máis ciencia polo cole... (outras experiencias)

Imaxe
Ademáis do que imos traballando nos obradoiros do Clube de Ciencia, queremos compartir aquí outras pequenas experiencias relacionadas con diferentes campos da ciencia que foron desenvolvidas ao longo do curso no colexio. - Unidades de medida: a través da manipulación de recipientes medidores, balanzas, regras, etc. o alumnado  experimentou coas unidades de medida de lonxitude, masa e capacidade. Calculou superficies e volumes, manipulou figuras xeométricas, etc. - As ondas sonoras: a través da manipulación do software de edición de audio Audacity, o alumnado puido observar a representación gráfica das ondas sonoras, diferenciando a amplitude de onda (volume do son) e a frecuencia (altura do son: grave ou agudo): - Os ecosistemas: realizouse un traballo en grupo sobre os diferentes ecosistemas do planeta e as formas de vida que existen neles. O traballo foi exposto paraconsulta do resto do alumnado: - Observación de pequenos organismos a través de lupas e microscopios: con motivo

7ª sesión: ELECTRICIDADE E MAGNETISMO

Imaxe
  No obradoiro do mes de abril levamos a cabo experiencias relacionadas coa electricidade e co magnetismo. En relación coa electricidade traballamos, a través da manipulación e da experimentación, conceptos como os "electróns", as baterías, a conductividade, os aislantes, o voltaxe, o circuíto... e o cortocircuíto!    En relación co magnetismo traballamos conceptos como atracción, repulsión, polos, forza magnética, campo magnético, materiais ferromagnéticos...

6ª sesión: COCIÑA E ALIMENTOS

Imaxe
  No obradoiro de Clube de Ciencia do mes de marzo realizamos experiencias con productos de cociña, observamos as diferentes reaccións ao mexturas determinados ingredientes e intentamos comprender a explicación científica destas reaccións.   Asimesmo comprendimos conceptos como substancias ácidas ou básicas e o PH neutro:   Tamén observamos o interior do corpo humano e o comportamento dos alimentos durante o proceso dixestivo con técnicas de realidade aumentada:  

Formación do profesorado (2)

Imaxe
  O 24 de febreiro pola tarde, no colexio, recibimos a segunda sesión de formación a cargo da empresa de divulgación científica "Arenaria Ciencia". Durante 3 horas realizamos experimentos empregando variado material, coa premisa de que fora fácil de conseguir e manipulable polo alumnado sen riscos. Así, empregamos produtos tan comúns como aceite, vinagre, auga, leite, sal, colorante alimentario, maizena, col lombarda, bicarbonato ou alcol. Tamén precisamos materiais e utensilios comúns como cartón, servilletas, bolsas de té, perlas de xel, pauciños das orellas, globos, plastilina, esparadrapo de papel, brochetas, fío, moedas, canicas, tapóns, vasos, frascos, palliñas, velas, mixtos, chisqueiro, culleres, coitelo, tesoiras, cazos... e máquinas como o secador ou unha placa eléctrica para quentar líquidos...  Tamén empregamos algún material específico de laboratorio como pipetas, vaso de precipitados, embude, morteiro, frasco lavador ou matraz Erlenmeier.   O obradoiro de