3ª sesión: XESTIÓN DE RESIDUOS e RECICLAXE
Nesta última sesión do trimestre, falamos dos nosos residuos, de que facemos con eles, que tipos de colectores existen, e fixemos un xogo para aprender a seleccionar onde van os nosos residuos, dependendo de que están feitos. Tamén falamos do noso comportamento ambiental e o importante que é intentar minimizar o noso impacto no planeta. E nas aulas traballamos personaxes como Greta Thunberg , activista contra o cambio climático, e fixemos maquetas representando o impacto medioambiental da humanidade: Tamén gravamos programas de radio sobre o cambio climático , como o que podedes escoitar no seguinte enlace do noso blogue de radio escolar "Onda Ferro": Podcast: "O cambio climático"