Publicacións

Mostrando publicacións desta data: outubro, 2022

1ª Sesión: CONSTRUIMOS O NOSO EXPERIMENTO

Imaxe
 Nesta primeira sesión, desenvolvida no mes de outubro, arrancamos os motores da ciencia repasando diversos conceptos a través da realización dos seguintes experimentos, que quedarán durante un tempo en proceso para observar a súa evolución no colexio: - PAPEL RECICLADO: a partir de papel usado, fabricamos o noso propio papel reciclado e deixámolo a secar no corredor do colexio para que todos puideramos ver a súa evolución.   - XABRÓN CASEIRO: empregando uns moldes de silicona de facer galletas, enchémolos co noso propio xabrón caseiro que quedou solidificando durante un tempo á vista de todo o alumnado.   - CULTIVOS MICROSCÓPICOS: para comprobar a existencia de microorganismos vivos na superficie das cousas realizamos este experimento , no que cada alumno/a decidiu que superficie tocar para despois deixar nunha "placa de petri" as súas pegadas e ver como as bacterias van medrando e poder comparar onde hai máis... Finalmente, aínda que a proliferación de microorganismos é vis

PRESENTACIÓN - Clube de Ciencia 2022-23

Imaxe
Este é o programa de temáticas programadas para os obradoiros do Clube de Ciencias no curso 2022-23: - OUTUBRO: Construimos o noso experimento - NOVEMBRO: A botánica - DECEMBRO: Meteoroloxía - XANEIRO: O mundo é química - FEBREIRO: Luz e cores - MARZO: Como voan os avións? - ABRIL: Adaptacións animais - MAIO: Sons e música - XUÑO: Retos finais: repasando o aprendido Ademáis de neste blogue, tamén poderedes ver un resumo das actividades realizadas no seguinte enlace do INSTAGRAM do colexio na sección de ciencia:  - Instagram do centro – sección ciencia: https://www.instagram.com/stories/highlights/17931795722444057/